A ITV móbil agrícola estará en Castro de Rei esta semana
LugoXa | TerraChaXa
Para participar é necesario pedir cita previa
ITV agrícola
26 Maio 2024
A unidade móbil da ITV estará no Concello de Castro de Rei esta semana. Entre os días 28 e 29 de maio estará na propia capitalidade, na rúa Manuel Becerra, e do 30 de maio ao 7 de xullo en Castro Ribeiras de Lea, no Mercado Gandeiro, para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30. horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os días 31 e 7, que será só de mañá.
Non se pasará a inspección de vehículos con carga nin a vehículos con aperos.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.