A ITV móbil agrícola estará en Friol en novembro

TerraChaXa | LugoXa
A unidade móbil da ITV estará entre os días 19 de novembro e 9 de novembro en Friol para facer inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
13 Out 2021

A unidade móbil da ITV está entre os días 19 de novembro e 9 de decembro en Friol para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no mercado gandeiro.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os venres, que será só en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.098944902420044