A ITV móbil agrícola estará en Friol este mes
LugoXa | TerraChaXa
A unidade fará as inspeccións entre os días 14 de novembro e 9 de decembro

9 Nov 2025
A unidade móbil da ITV está entre os días 14 de novembro e 9 de decembro en Friol para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no mercado gandeiro.
As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os días 14, 21 e 28 de novembro e 4 de decembro, que será só en horario de mañá.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 981 928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.