A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a partir do día 1

A unidade móbil da ITV estará entre os días 1 e 22 de setembro en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada detrás do cemiterio do Buriz (do 1 ao 4), no polígono industrial de Guitiriz (do 8 a 11), no campo da festa de Trasparga (15 e 16) e de Pígara (do 18 al 22).
As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 4, 11 e 19, que será só en horario de mañá, e o 1, que será de tarde.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 981 920 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.