A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a partir do luns
TerraChaXa
As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas

Tractor
20 Mar 2025
A unidade móbil da ITV estará entre os días 24 e 26 en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no polígono industrial de Guitiriz.
As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 981 920 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.