A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a primeira semana de maio

TerraChaXa
Estará situada os días 6 e 7 de maio no polígono industrial para facer as revisións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
12 Abr 2021

A unidade móbil da ITV está os días 6 e 7 de maio en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no polígono industrial.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas o primeiro día e o segundo só en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.14194297790527