A ITV móbil agrícola estará en Lourenzá en outubro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Out 2020

O Concello de Lourenzá contará coa Unidade Móbil de inspeccións técnicas de vehículos agrícolas en outubro.

Estará no mercado comarcal os días 16 de outubro de 10.45 a 13.30 horas; o 21 e 22 de 9 a 13.30 horas; o día 23 de 9 a 13.30 horas e o día 26 de 9 a 11.45 horas.

As persoas interesadas deberán concertar cita na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

0.31998801231384