A ITV móbil agrícola estará en Meira a finais de maio

TerraChaXa
Estará situada os días 26, 27 e 28 de maio no polígono industrial para facer as revisións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
19 Abr 2021

A unidade móbil da ITV entre os días 26 e 28 de maio en Meira para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na rúa Fray Vidal (urbanización O Carballal).

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o 28, que atenderán só en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.069119930267334