A ITV móbil agrícola estará en Vilalba a partir do mércores

TerraChaXa
Estará instalada xunto á capela do Santo, na parroquia de San Lorenzo de Árbol
xurros-tractor-campo
Tractor
22 Out 2024

A unidade móbil da ITV estará en Vilalba para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada xunto á capela do Santo, na parroquia de San Lorenzo de Árbol os días 23, 24 e 25 de outubro.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas agás o 24, que tamén se fará o servizo de tarde, de 15.15 a 18.00 horas.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.10339689254761