A ITV móbil agrícola estará en Xermade a final de mes

TerraChaXa
A unidade móbil da ITV estará os días 30 de xuño e 3 e 4 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
tractor
26 Xuño 2023

A unidade móbil da ITV estará os días 30 de xuño e 3 e 4 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.15039896965027