A ITV móbil agrícola estará nas Pontes este mes

A unidade móbil da ITV estará entre os días 9 e 11 de febreiro nas Pontes para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará situada no estacionamento disuasorio do polígono da Balsa.
As revisións faranse en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.