A ITV móbil agrícola estará nas Pontes este mes

TerraChaXa
Estará situada os días 21 e 22 no estacionamento disuasorio do polígono da Balsa e o 23 e 24 na Faeira
xurros-tractor-campo
20 Out 2024

A unidade móbil da ITV estará entre os días 21 e 24 de outubro nas Pontes para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

Estará situada os días 21 e 22 no estacionamento disuasorio do polígono da Balsa e o 23 e 24 na Faeira.

As revisións faranse oen horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o 23 que será só de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.18982195854187