A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz desde o mércores
TerraChaXa
Estará situada no polígono industrial en horario de mañá e tarde, agás os días 26 e 29 que será só na quenda matutina

Turismo
21 Sep 2025
A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará do 24 ao 29 de setembro no Concello de Guitiriz, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre as 9.00 e as 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás os días 26 e 29, que será só de mañá.
A unidade estará situada no polígono industrial de Guitiriz.
Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 981 928 080 ou a través da web www.sycitv.com.