A IXP Terras do Navia promociónase este venres en Vilalba

TerraChaXa
O evento desenvolverase a partir das 17:30 horas na casa da cultura de Vilalba
Indicacion-xeografica-vino-terras-do-navia-2023
Un evento de promoción anterior
30 Maio 2024

Despois da celebración en Lugo da primeira xornada para a promoción e divulgación dos viños da IXP Terras do Navia, o vindeiro venres 31, a Fruga-AGV organiza o segundo acto, en colaboración coa Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, en Vilalba.

O evento desenvolverase a partir das 17:30 horas na casa da cultura de Vilalba, e consistirá nunha charla-coloquio aberta, na que contaremos coa presenza de Elísabet Castro, sumiller do Mesón do Campo; José Crusat, da adega Entre os Ríos (IXP Barbanza e Iria), e José Álvarez, da Adega da Señora (Coea, Navia de Suarna). Ao finalizar, as persoas asistentes poderán degustar os viños das tres adegas da IXP.

0.098752021789551