A Lareira de soños acusa de discriminación da Xunta aos Frescos dos Vilares
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares acusa á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, que sigue sin licitar a restauración doa Frescos dos Vilares a pesares de ser aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia hai casi ano e medio.
Sin embargo, ten licitado a restauración dos frescos de Pinol (Sober) nunha cantidade de 137.000€, cuantía superior á necesária para a restauración das pinturas murais dos Vilares de estilo gótico hispano-flamenco, ao igual que as de Pinol, pero con maior risco de desaparición e que contan con unha escea única en Galicia na súa parede norte, a Imposición da casulla de San Ildefonso.
É lamentábel que na decisión de salvar a arte prioricen intereses políticos e partidistas (goberno do PPen Sober) por diante da salvación duns frescos de alta calidade realizados no século XVI polos mestres de Parga e de Nogueira.
Do delegado da Xunta en Lugo, o señor Balseiro, aínda estamos agardando, medio ano despois dunha entrevista con él a chamada prometida onde garantizaba a restauración dos frescos da igrexa de San Vicente dos Vilares.
Así , nin Xunta, nin Deputación Provincial nin Concello de Guitiriz, a pesares de varias visitas e promesas, teñen amosado interese na salvación das pinturas, incluídas desde hai un mes na 'Lista Roja' do Patrimonio do estado para vergoña destas institucións.
A Lareira de soños seguirá a promover campañas até acadar a licitación dos traballos de restauración dunhas pinturas murais únicas que foron pintadas na nave máis antiga da igrexa (S.XII) e na que se realiza pola Pascua a afamada Romaría dos Desamparados que convoca cada ano a milleiros de romeiros.
A igrexa ten tamén catro retábulos neogóticos e un barroco con tallas dos séculos XVII e XVIII, un sartego, un fabuloso calvario, un altar exterior e un cruceiro que conforman un conxunto único de arte relixiosa.
A discriminación coas pinturas dos Vilares poden levar á desaparición definitiva desta xoia pictórica despois de cinco séculos de existencia descubertas en 1991 pola inacción institucional, que nin tomou medidas para frear a súa degradación nin fai nada para a súa conservación e recuperación definitiva a pesares das moitas accións desenvolvidas para demandar a súa salvación, no Parlamento Galego, na oficina do Valedor, con conferencias, elaboración de tripticos informativos, audiovisuais, entrevistas e visitas de politicos e técnicos etc.
A hipocrisía política dos diferentes gobernos (local, provincial e autonómico) recoñecendo a necesidade de actuar nos frescos e a inacción posterior mentras se acometen restauracións menos urxentes, resultan lamentábeis, e máis aínda cando as diferentes asociacións relacionadas co patrimonio teñen advertido da necesidade de salvar estas pinturas.