A Lareira de soños presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situación dos frescos dos Vilares

TerraChaXa
A Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños dos Vilares presentou unha queixa na oficina do Valedor do Pobo de Galicia ante o desamparo das administracións local, provincial e autonómica para a restauración dos frescos renacentistas dos Vilares (S.
lareira vilares
5 Jul 2018

A Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños dos Vilares presentou unha queixa na oficina do Valedor do Pobo de Galicia ante o desamparo das administracións local, provincial e autonómica para a restauración dos frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI) aprobada pola Comisión Cuarta do Parlamento Galego en xaneiro deste ano, cuxo acordo "incumplen tanto no referido á posta en acordo das administracións coa igrexa e tamén na dotación económica para acometer estas pinturas murais de grande valor patrimonial en sério risco de desaparición", explican.

Xunto coa queixa, adxuntan documentación informativa como o proxecto orixinal da restauración e o estudo do profesor Monterroso Montero realizado con motivo da aparición dos frescos en 1992 sendo párroco dos Vilares o actual deán da Catedral de Compostela, Segundo López.
Despois de varios anos de reunións, documentos, visitas e iniciativas parlamentares sen froito, a Lareira de soños prepara unha campaña para despois do verán que inclúe accións informativas, crowdfunding, xornadas e documental entre outras propostas tendentes a salvar esta xoia, obra atribuída ao afamado Mestre de Parga que cada ano padece unha degradación que precisa dunha actuación urxente.
Así mesmo, solicitan unha entrevista personal na oficina do Valedor para informar de primeira man sobre a situación desta importante obra de arte relixioso nunha igrexa con orixes no século XII, e con unha histórica Romería dos Desamparados con milleiros de asistentes.
Ademáis das pinturas, a Igrexa de San Vicenzo dos Vilares conta con tres importantes retábulos neoclásicos e un barroco, un sartego, un cruceiro,  dúas pías bautismais e un espectacular calvário.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.093836784362793