A Lareira de soños puxo unha queixa ante a Valedora do Pobo Galego
A oficina da Valedora do Pobo de Galicia admitiu a queixa da Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños, e tramitará coas distintas administracións a restauración dos Frescos dos Vilares. "A despreocupación da Deputación e do Concello, e incumplimento dos acordos parlamentares da Xunta", levaron á Lareira a intentar outras vías, entre elas a da Valedora do Pobo antes da campaña que ten preparada tras o verán con xornadas, crowdfunding, documental, publicacións etc.
A Lareira de soños leva xestionando coas distintas administracións a restauración, mesmo coa aportación dun proxecto é un orzamento que malia a súa aprobación na comisión cuarta do Parlamento Galego, non se teñen acordado entre as diferentes partes a dotación económica necesaria para esta necesaria execución, aínda recoñecendo Patrimonio que o proxecto e os estudos técnicos están correctos.