A Liga Nacional de Billarda volve a Castro Ribeiras de Lea co primeiro Aberto Río Miño

LugoXa | TerraChaXa
Este evento está organizado polos compañeiros de Billarda Río Miño e conta coa colaboración de diversas entidades locais
primeiro-aberto-rio-mino
14 Feb 2025

Tras varios anos de ausencia, a Liga Nacional de Billarda (LNB) regresa a Castro Ribeiras de Lea cunha nova xornada de competición. O primeiro Aberto Río Miño, correspondente á novena xornada da tempada, celebrarase o domingo 16 de febreiro de 2025 no antigo campo de fútbol da localidade, a partir das 11:00 horas.

Este evento está organizado polos compañeiros de Billarda Río Miño e conta coa colaboración de diversas entidades locais. A cita reunirá a xogadores e afeccionados deste deporte tradicional galego, nunha xornada que promete emoción e competición ao máis alto nivel.

Desde a organización animan a todos os amantes da billarda a asistir e participar neste torneo, que marca o regreso da liga a Castro Ribeiras de Lea.

0.071832895278931