A Liga Santaballesa acolleu unhas xornadas sobre migraciós indianas

A Liga Santaballesa de Vilalba organizou un encontro das Sociedades de Educación e Instrución Galego-Cubanas, nun acto previo ás XV Xornadas sobre Migracións Indianas como antesala da Feira do Indiano. A iniciativa reuniu especialistas e representantes institucionais para afondar na importancia histórica e cultural da emigración galega a Cuba, así como no papel das sociedades galegas na promoción da educación e da identidade.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou a relevancia deste tipo de actos e puxo en valor “o traballo da Liga Santaballesa en favor da divulgación cultural e social. É moi importante nestes tempos coñecer o noso pasado en temas como a emigración”, sinalou.
Durante o encontro tivo lugar unha charla a cargo de Arantxa Fernández Crespo, directora da Cátedra de Cultura Galega da Universidade de La Habana, en Cuba, e da xornalista e escritora María Xosé Porteiro, quen achegaron a súa visión sobre a pegada galega en Cuba e a importancia de manter vivo o legado migratorio.