A Liga Santaballesa celebra hoxe unha charla-coloquio sobre hormonas e benestar

TerraChaXa
A actividade pretende crear un espazo seguro para compartir coñecementos, derrubar tabús e fomentar a conexión co propio corpo
Suelo pelvico solo pelviano 58MB 5000x3000 px
6 Feb 2026

A Liga Santaballesa organiza este venres 6 de febreiro, ás 20.00 horas, unha charla-coloquio titulada Hormonas e benestar, que estará impartida por Cristina Franco Pardo, fisioterapeuta pola Universidade de Santiago de Compostela.

A actividade pretende crear un espazo seguro para compartir coñecementos, derrubar tabús e fomentar a conexión co propio corpo, entendendo que o autocoñecemento constitúe tamén unha forma de liberdade persoal.

Durante o encontro, a especialista abordará como as hormonas inflúen no organismo e nas emocións, ademais de ofrecer claves para atopar o equilibrio e favorecer o benestar en cada etapa da vida. A organización destaca que a sesión busca ofrecer información accesible e promover o diálogo arredor dun tema fundamental para a saúde e a calidade de vida.

A actividade conta cunha achega simbólica de dous euros para socias e catro euros para non socias, e inclúe petiscos, café ou infusión.

⚙ Configurar cookies
0.077084064483643