A Liga Santaballesa comeza hoxe os seus talleres anuais

TerraChaXa
A Liga Santaballesa comeza hoxe os seus cursos de inverno que se desenvolverán durante todo o ano para grupos mínimos de dez persoas.
memoria pensar cabeza
17 Out 2023

A Liga Santaballesa comeza hoxe os seus cursos de inverno que se desenvolverán durante todo o ano para grupos mínimos de dez persoas.

Así, hoxe, martes comeza o de estimulación cognitiva, que será todos os martes de 11.00 a 12.30 horas a un prezo de entre 7 e 15 euros.

Tamén haberá ximnasia de mantemento os xoves de 11.00 a 12.00 horas. O inicio de curso será o día 19 de outubro e terá o mesmo prezo.

As persoas non asociadas á Liga Santaballesa ou Agarimo pagarán dous euros máis do prezo establecido.

0.084674835205078