A Liga Santaballesa comeza os seus cursos de inverno
A Liga Santaballesa comeza hoxe os seus cursos de inverno que se desenvolverán de luns a sábado durante todo o ano para grupos de dez persoas.
Así, hoxe, martes comeza o de estimulación cognitiva, que será todos os martes de 11.00 a 12.30 horas a un prezo de entre 7 e 15 euros.
Tamén haberá ximnasia de mantemento os xoves de 11.00 a 12.00 horas. O inicio de curso será o día 6 de outubro. Tamén os xoves, pero de 19.00 a 20.00 horas terá lugar o de Autoestima e Valoración da Muller. Perspectiva de Xénero. A data de inicio será o 20 de outubro.
Engaden ao programa obradoiros teatrais para a adquisición de habilidades sociais, comunicativas e grupais. Haberá dous grupos, para os menores será os sábados de 16 a 18 horas e para adultos de 18 a 20 horas.
Tamén haberá manualidades os sábados de 18.00 á 19:30 horas, de balde.