A Liga Santaballesa e o patronato renovan directivas este xoves

TerraChaXa
A Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa celebrará este xoves, 28 de marzo, a súa asemblea xeral ordinaria, que terá lugar a partir das 11.
escola santaballesa
27 Mar 2024

A Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa celebrará este xoves, 28 de marzo, a súa asemblea xeral ordinaria, que terá lugar a partir das 11.15 horas.

Na orde do día desta reunión están previsto realizar unha exposición das obras e actividades realizadas e das propostas para o futuro, ademais da consabida presentación do estado das contas. Así mesmo, procederase á renovación da xunta directiva.

Xunto a esta reunión, que terá lugar no edificio da Liga Santaballesa, realizarse outra asemblea previa do Patronato Pro Escola de Santaballa, para falar tamén das actividades feitas e previstas, das contas e da renovación da xunta directiva.

O lugar de reunión será a mesma, polo que ambas serán sucesivas.

0.10954594612122