A Liga Santaballesa remata este domingo o novo prazo de inscrición aos cursos

TerraChaXa
Son os de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento e estimulación cognitiva
cursos-liga-santaballesa
22 Nov 2024

A Liga Santaballesa, dentro do seu programa de actividades, continúa ofrecendo unha ampla variedade de opcións para todas as idades. Ademais do curso gratuíto de Novas Tecnoloxías, que se celebra os xoves de 18:00 a 19:00 e ao que pode asistir calquera persoa sen necesidade de inscrición, a entidade mantén abertos outros dous cursos para os cales se acaba de ampliar o prazo de inscrición ata o 24 de novembro.

Os cursos dispoñibles son por unha banda ximnasia de mantemento, para manterse activo/a con sesións os luns e xoves ás 10:45h, e Estimulación Cognitiva (Taller de Memoria), pensado para exercitar a mente, os martes ás 11:00 horas.

O custo dependerá do tipo de inscrición, e para anotarse pódese contactar a través do correo ligasantaballesa@gmail.com, indicando no asunto Inscrición cursos, ou chamando ao 652 790 220.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18098306655884