A liña de bus entre Meira e Lugo adianta a súa saída dúas horas por petición veciñal

TerraChaXa
Diferentes asociación de Muimenta conseguiron que se cambiase o horario do bus entre Meira e Lugo tras unha protesta dirixida ao Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia e presentada por escrito no mes de xaneiro.
10 Maio 2018

Diferentes asociación de Muimenta conseguiron que se cambiase o horario do bus entre Meira e Lugo tras unha protesta dirixida ao Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia e presentada por escrito no mes de xaneiro.

A Asociación cultural e veciñal Aquilino Iglesia Alvariño, a de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, Xotramu, A Sociedade Deportiva de Muimenta e o Club de Tenis da mesma localidade reuníronse para presentar esta demanda na que se protestaba polo cambio horario do autobús que saía de Meira con destino Lugo e con parada en Muimenta. A liña tiña saída de Meira ás 17.00 horas con chegada a Muimenta ás 17.16 e a Lugo ás 17:52.

Segundo explicaban estas asociacións, o retraso da saída do bus impide aos veciños poder realizar ningún tipo de recado xa que só deixa 90 minutos antes de coller o último autobús de volta.

A Xunta respondeu favorablemente a esta demanda e indica que a saída dende Meira a partir de agora será ás 15:00 con parada en Muimenta ás 15:16. As outras rutas Muimenta-Lugo con saída ás 7:00h e Meira-Lugo ás 11:00h. non teñen cambios. Tamén se mantén a hora do último autobús de regreso, que sae de Lugo ás 19.30 horas.

0.19051504135132