A LNB Norleste concluiu a tempada 2019-2020
A LNB Norleste decidiu dar por concluída a tempada 2019-2020 cos resultados finais que apareceron despois de disputarse a xornada 10 de Mondoñedo.
Deste xeito, Charly Crecente convértese no xogador con máis títulos individuais absolutos de Conferencia con 4 e supera a Markytos que ten 3.
Na Categoría Feminina continúa o reinado de Geni, quen conseguíu o seu noveno título consecutivo e xa acumula 10 títulos.
En Infantil, Marcos, de Troitas Bravas ganou o título. Na categoría de Varados, Chousa alzouse co título por vez primeira e xa son 3 anos seguidos cun palanador de Carabullo no máis alto do caixón de varados.
Carabullo acada por primeira vez o título na Categoría de Equipos. Despois de 8 anos de imperio de Billardeiros Musicais e despois de que ningún equipo, fóra da Mariña, se alzase nunca antes co campionato, a Terra Chá consegue brillantemente o triunfo.
Ponte de Outeiro xa ten unha estrela LNB e agora xurde a interrogante seguinte, que día se declarará na Ponte como festivo, o 17 de xuño, día no que se acordou dar por finalizada a tempada 2019-2020 ou o día 7 de marzo, última xornada que se xogou.
Así, Ismael de Ponte de Outeiro afirmou que "aínda que o noso verdadeiro obxectivo é que sexa festivo o 5 de setembro, se finalmente se xoga a FinaLNB 2020 nesa data”.