A localidade de Alba festexa o San Xoán a fin de semana
TerraChaXa
Contará coa música de Máster, Fuego e Los Adrianos

Cartel
19 Jun 2025
A parroquia de Alba, en Vilalba, inicia o sábado as festas na honra a San Xoán.
Os actos comezarán coa misa maior ás 13:30 horas, a que seguirá a procesión e a sesión vermú con Máster, que tamén estará na a verbena xunto á orquestra Fuego.
O domingo tamén haberá misa e procesión á mesma hora e o grupo Los Adrianos será o encargado de poñer o fin de festa coa dobre actuación en sesión de tarde e noite.