A localidade de Alba festexa o San Xoán
TerraChaXa
Contarán con Ritmo, Principal e Madastur
Cartel
22 Xuño 2024
A parroquia de Alba, en Vilalba, inicia hoxe, sábado, as festas na honra a San Xoán.
Os actos comezarán coa misa maior ás ás 13:30 horas, a que seguirá a procesión e a sesión vermú con Ritmo, que tamén estará na a verbena xunto á orquestra Principal.
O domingo tamén haberá misa e procesión á mesma hora e o grupo Madastur será o encargado de poñer o fin de festa coa dobre actuación en sesión de tarde e noite.
Durante a verbena haberá fogueira e queimada gratuíta, ademais de colchonetas para os nenos. Tamén contarán con carpa se chove.