A localidade de Buriz celebra este sábado un magosto
TerraChaXa
A localidade de Buriz, en Guitiriz, acollerá unha festa de Magosto este sábado, 5 de novembro, que terá lugar a partir das 21.30 horas.

31 Oct 2022
A localidade de Buriz, en Guitiriz, acollerá unha festa de Magosto este sábado, 5 de novembro, que terá lugar a partir das 21.30 horas.
Na sesión, ademais de castañas, haberá liscos de balde, todo isto amenizado pola actuación de Javi Show. Tamén haberá o sorteo dun xamón.
Ademais, pola tarde, dende as 18.15 horas haberá animación infantil, tamén gratuíta, a cargo de Brincadeiras.
