A localidade de Piñeiro, en Xermade, está de festa

TerraChaXa
O dúo Venus porá a música nunha sesión con xantar popular, xogos e castañas
festas-san-martino-de-pineiro-xermade
12 Nov 2024

A localidade de Piñeiro, en Xermade, celebra este sábado, 16 de novembro, as súas festas patronais na honra a San Martiño.

Comezarán as celebracións ás 13.00 horas coa misa solemne, a que seguirá a sesión vermú, que estará a cargo do dúo Venus. Será este grupo o que se encargará de toda a música do día con sesión de tarde e verbena.

Ao mediodía haberá un xantar popular, que consistirá en xamón cocido, polbo, carne asada, sobremesa, café e licor a un prezo de 33 euros. Para os menores de 10 anos será gratis.

Pola tarde haberá xogos para os menos con monitores e pola noite, castañas asadas.

A festa está organizada pola Asociación de Veciños de Piñeiro e o campo da festa estará cuberto con carpa climatizada.

As persoas que desexan participar no xantar teñen que anotarse no campo de tiro, en Severiano Agrocomercial ou na asociación de veciños.

⚙ Configurar cookies
0.8223979473114