A localidade do Campo, en Roupar, acolle un xantar popular o día 30

TerraChaXa
Durante a xornada, os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú e de tarde a cargo do dúo Venus
xantar-o-campo-roupar
17 Nov 2024

O sábado 30 de novembro de 2024 celebrarase un xantar popular na localidade do Campo, en Roupar, organizado pola Comisión de Festas do Campo 2025. O evento comezará ás 14:30 horas e contará cun menú que inclúe embutidos, empanada de níscalos, tenreira asada con boletus e patacas asadas, ademais de sobremesa, café e licor. O prezo do xantar é de 30 euros, e a entrada será gratuíta para nenos menores de 12 anos.

Durante a xornada, os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú e de tarde a cargo do dúo Venus, que animará a celebración con música en directo.

Os tíckets xa están á venda en diversos establecementos da zona, como o Bar Petróleo, Bar Ares, Tenda N.G., Bar Boucello, Bar O Paso, Setas López e a Farmacia de Roupar. Tamén se poden adquirir a través de membros da comisión, como David (615 067 544), Merce (661 012 288) e López (653 947 870). A data límite para anotarse é o 24 de novembro, e o aforo será limitado. O evento contará cunha carpa climatizada para garantir o confort dos asistentes.

0.19208097457886