A localidade friolesa de Santa Marta celebra as festas os días 2 e 3 de agosto

O concello de Friol acollerá os días 2 e 3 de agosto de 2025 as tradicionais festas na honra a Santa Marta, cunha programación que combina actos relixiosos e música para todos os públicos.
O sábado 2 de agosto celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, tras a cal terá lugar a sesión vermú a cargo do dúo Son de Festa, que tamén animará a verbena nocturna, ofrecendo unha xornada completa de festa e animación.
O domingo 3 continuarase coa celebración relixiosa coa misa solemne, tamén ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú e dunha sesión de tarde que se desenvolverá entre as 19:30 e as 22:00 horas. A encargada de poñer a música será a orquestra Galaxia, que pechará as festas con ritmo e espectáculo.