A localidade pontesa de A Esfarrapa está de festa a fin de semana
TerraChaXa
A partir das 15.00 horas do domingo terá lugar un xantar popular que estará animado pola música do grupo Pasión
30 Ago 2024
Fin de semana de festa para A Esfarrapa, a localidade das Pontesa que rende homenxe a San Cristivo do Vilar.
A celebración dará comezo co misa e a procesión, ás 13.00 horas, ás que seguirá a sesión vermú, que está a cargo do dúo Caramelo.
Este mesmo grupo encargarase xunto ao dúo Venus da verbena.
O domingo tamén haberá misa e a procesión estará a cargo do grupo Axóuxere, para dar paso á sesión vermú con Pasión.
A partir das 15.00 horas terá lugar un xantar popular que estará animado pola música do mesmo grupo e no que se farán sorteos de agasallos.
O xantar contará con paella, churrasco, criollo, patacas, pan, bebida, tarta xeada e café.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que haberá cochonetas para os nenos.