O Gordo cae en Lugo e Baralla nunha xornada con afortunados en varias localidades da provincia

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | AMariñaXa
O Sorteo de Lotería de Nadal de 2023 volve tocar a provincia de Lugo.
22 Dec 2023

O Sorteo de Lotería de Nadal de 2023 volve tocar a provincia de Lugo. De feito, unha parte do Gordo, o 88.008 o último premio en saír de toda a táboa, tamén caeu na cidade de Lugo, que xa fóra premiada co segundo e un quinto premio. Nesta ocasión foi a administración da ronda das Mercedes a que vendeu algún dos décimos premiados do primeiro premio.

Moi repartido por toda España, o Gordo vendeuse tamén en Baralla, na administración de Evaristo Correa. Está dotado con 400.000 euros ao décimo.

O segundo premio, o 58.303, tamén caeu na cidade de Lugo e foi vendido na administración de loterías de Fontiñas. Trátase dun premio moi repartido por toda a península.

Correspóndelle un premio de 125.000 euros por décimo.

Tamén caeron na provincia tres quintos premios:

Algúns décimos do número 88.979 foi vendido na provincia de Lugo.

Así as administracións de Foz, na avenida da Mariña; Rábade, na avenida de Vilalba, e Chantada, na praza de Santa Ana, foron as encargadas de repartir algúns dos boletos afortunados ata o momento.

Trátase dun quinto premio ao que se lle corresponden 6.000 euros por décimo.

Outro quinto premio que tocou na provincia foi o 86.007, que se vendeu en Cangas de Foz, na administración da Estrada Xeral; na capital de Lugo, vendido tamén na Ronda Fontiñas; e en Navia de Suarna, vendido na administración da praza de España.

O último quinto premio, que foi o último deste grupo en saír, o 37.038 foi vendido en Riotorto, nas Ródrigas. Un dos décimos foi para a comisión de festas de Santa Ana e repartiuse por toda a localidade.

Tamén saíron outros quintos premios (54.274, 45.353, 92.023, 01.568, 57.421), dous cuartos (93.361 e 41.147) e o terceiro (31.938).

0.19335007667542