A lotería deixa un anaco de fortuna en Rábade, Guitiriz e Vilalba

TerraChaXa
O quinto premio do sorteo extraordinaria de Nadal, o 06293, pasou por Rábade e Guitiriz.
IMG_20191027_132944
22 Dec 2019

O quinto premio do sorteo extraordinaria de Nadal, o 06293, pasou por Rábade e Guitiriz. Vendéronse dous décimos, un en cada local, e o premio está dotado coa cantidade de 6.000 euros.

Na cafetería Brétema de Rábade, Paula Castro explica que é a primeira vez que reparten un premio do sorteo mentres que na administración o Milenio de Ouro, en Guitiriz, vendeuse o outro décimo. Este premio serve para estrearse o novo titular da administración, que colleu o traspaso fai uns meses.

Vilalba é un lugar no que reina a sorte. Por terceiro ano consecutivo a sorte volveu saír de Loterías Alcázar (situado na rúa Pravia), que nesta ocasións vendeu unha serie (dez décimos) do número 00750, dotado cun premio de 500.000 euros a serie.

Hai dous anos, o gordo deixou máis de 522 millóns de euros na localidade, provocando un aluvión de vendas nos últimos anos.

0.15084195137024