A Madalena acolle un torneo de fútbol alevín e benxamín
O Concello de Vilalba acolle esta fin de seman ao I Torneo Tecnorenova CUP para as categorías alevín e benxamín.
A primeira xornda será para os alevíns e o domingo os benxamíns tomarán as canchas do estadio da Madalena, on de se vai celebrar este evento no que participan un total de 46 equipos.
Como en todos os torneos deste tipo, os partidos terán unha duración de 25 minutos empezando ás 9.30 horas e rematando as finais ás 21.00.
A competición contará tamén con servicio de catering para aqueles equipos que veñan de fóra e que o precisen. Serán no propio campo de fútbol nunha carpa que se montará ao efecto.
Ademais de numerosos equipos da provincia, participan tamén de toda Galicia, como o Deportivo, Montañeros, Galicia de Caranza, Narón, Betnanzos, Lalín, Conxo, etc.