A Madalena recibe aos maiores este mércores 23 de agosto pola xira
Coa xira dos maiores abren, expresamente, as reunións arredor dunha mesa sobre a que compartir reunións, conversas e lembranzas. Na cita non pode faltar a animación musical. De feito, arredor das once e media da mañá comezarán xa a tocar membros da AC de Andrade e a Charanga de Vilalba para dar paso á misa campestre cantada pola coral Luar.
Los Supremos amenizarán a sesión vermú.
E arredor das dúas e media da tarde está previsto o xantar de confraternidade na carpa instalada na área recreativa da Madalena. Tamén durante a comida tocarán algunhas pezas AC de Andrade e a Charanga de Vilalba.
Pero a música non remata ahí. De novo a orquestra Los Supremos acompañados do dúo Pedriñas animarán o baile que se estenderá entre as catro da tarde e as oito do serán.