A Malla de Meira celebra a súa XXXII edición este domingo

TerraChaXa
Destacan as actuacións de Nove Ferreñas, o Trío Muralla, a Banda de Gaitas da Escola de Música de Meira, a Banda de Acordeóns, Cántigas e Frores, Mestura de Nete e Xacarandaina
malla-de-meira
Presentación e cartel
24 Ago 2024

Este vindeiro domingo, 25 de agosto, terá lugar en Meira a tradicional Festa de Malla, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia onde se dá a coñecer un dos traballos máis tradicionais do agro da provincia.

É esta unha festividade onde os veciños reúnense para celebrar este día na compaña de cancións e bailes tradicionais relacionados co traballo, así como unha serie de actividades. Chega este ano á súa XXXII edición.

Destacan no programa desta edición as actuacións de Nove Ferreñas, o Trío Muralla, a Banda de Gaitas da Escola de Música de Meira, a Banda de Acordeóns, Cántigas e Frores, Mestura de Nete e Xacarandaina.

Ademais, para os máis pequenos, haberá xogos; así como a tradicional exposición de artesanía e maquinaria antiga.  Pechará o programa un concerto do grupo os Melidaos e unha queimada.

Esta popular celebración está organizada pola Asociación Amigos de Malla de Meira e o Concello de Meira.

A Feira da Malla de Meira naceu no ano 1992 co fin de manter viva esta tradición e que continúe enriquecendo ás novas xeracións. Dende entón e ata o día de hoxe, esta cita cultural e turística continúa a celebrarse reunindo a centos de visitantes ao longo de toda a xornada. A Asociación de Amigos da Malla de Meira organiza este evento co obxectivo de por en valor o oficio tradicional da malla.

cartel-malla-de-meira
0.19172286987305