A Malla de Meira terá este domingo un programa especial covid

TerraChaXa
A celebración da Malla de Meira, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá este ano pero con modificacións debido á covid.
malla meira especial covid
24 Ago 2021

A celebración da Malla de Meira, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá este ano pero con moitas modificacións debido á incidencia da covid.

Non haberá a popular malla nin se ofrecerá comida debido á situación sanitaria pero si contarán con algunhas actividades vinculadas a esta tradicional práctica agraria.

A Malla está prevista para este domingo, 29 de agosto, cun eixe principal, que será a exposición de maquinaria antiga que se ubicará na praza do Concello.

Ademais, ás 12.00 está previsto un concerto da Banda Municipal e ás 17.00 será a vez da Banda de gaitas da Escola Municipal.

Rematará a programación a actuación de Os Valuros de Castro de Rei, a partir das 18.00 horas.

Esta celebración foi cancelada o ano pasado pero este ano esperábase poder continuar coa mesma, aínda que fora para que non desaparecera do calendario.

A organización lembra a todos os veciños que suspendeuse a malla e a comida pero "agardamos á nosa XXIX edición para poder celebramos, como sempre fixemos".

cartel malla meira
0.16488790512085