A Mancomunidade de Concellos e o GDR Terras de Miranda mantiveron un encontro

TerraChaXa | AMariñaXa
27 Jun 2019

Tivo lugar unha xuntanza entre a Mancomunidade de Concellos da Mariña e o GDR Terras de Miranda co obxectivo de sumar esforzos en beneficio desta comarca.
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, explicou que “esta tarde mantivemos un encontro entre o GDR Terras de Miranda e a Mancomunidade de Concellos da Mariña e estivemos falando un pouco de temas comúns, que queremos desenvolver en conxunto e complementándonos. Estivemos falando de proxectar os esforzos para acadar un bos resultados na comarca da Mariña para que sexa atractiva en todos os ámbitos, tanto no turístico como no asentamento de poboación. Sabemos que temos moitas cousas que traballar en común sempre en función das necesidades e do patrocinio da nosa comarca”.
Llano engadiu que “hoxe foi a primeira conversa e incluso queremos facer un convenio de colaboración onde se definan uns obxectivos claros e tamén queremos convidar a esa cita ao Agader, á Axencia de Turismo, á Deputación e incluso ao Galp tamén para que todos traballemos co mesmo fin, que non é outro que desenvolver todos os ámbitos da comarca da Mariña”.
O presidente da Mancomunidade contou que “en próximas datas faremos esa xuntanza e trataremos de asinar ese convenio que explique, defina, aclare e motive que todos traballemos no mesmo sentido. Son uns fondos que debemos aproveitar e si nos complementamos e nos enteramos todos das labores que facemos cada un de nós e podemos axudarnos iso vaise notar na mellora e na defensa do que é a nosa comarca da Mariña”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16803097724915