A Mancomunidade promocionará A Mariña en Fitur como destino turístico slow

TerraChaXa | LugoXa
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense promocionará a oferta do territorio e o xeodestino coma destino turístico slow na próxima edición de Fitur, que se celebrará do 22 ao 26 de xaneiro en Madrid.
15 Jan 2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense promocionará a oferta do territorio e o xeodestino coma destino turístico slow na próxima edición de Fitur, que se celebrará do 22 ao 26 de xaneiro en Madrid.

Segundo explicou a axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade, Tania Ermida, “esta promoción terá lugar por un lado na presentación programada para o xoves 23 ás 17 horas no stand de Turismo de Galicia baixo o título A Mariña Lucense en 5 experiencias slow. Encargarase de trasladar as bondades do xeodestino aos distintos operadores turísticos asistentes ao acto o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, acompañado de representantes do  Concello de Ribadeo e do Concello de Viveiro”.

Llano dixo que “neste acto a Mancomunidade ten por obxectivo presentar o xeodestino coma un destino turístico slow, propoñendo tanto ao viaxeiro individual coma aos distintos operadores turísticos empaparse da calidade de vida da Mariña Lucense, do propio e auténtico do territorio, de forma tranquila, da man dos seus anfitrións, a xente local. Con isto o ente persigue dúas cousas: que se escolla A Mariña fronte ás présas, aglomeracións, colas, asfalto e ruídos doutros destinos e se viaxe ao xeodestino co propósito de acumular vivencias e non por intentar visitar o maior número de recursos no menor tempo posible. A Mariña Lucense coma un destino de calidade, auténtico, multiexperiencial e por (re)descubrir”.

O presidente das Mancomunidade indicou que “deste xeito, durante o acto presentaranse 5 experiencias que falan de distintas formas de coñecer a Mariña Lucense e cuxo fío condutor é o turismo slow. Trátase do proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, das Rutas de Artesanía, das Audioguías Ficcionadas, das Xeorutas, da Ruta da Faba e da rica e variada gastronomía do territorio. Todas elas experiencias coas que coñecer e desfrutar en profundidade do xeodestino, dunha forma sostible e respectuosa, apostando polos valores diferenciais e imbuíndose na cultura local”.

Tania Ermida engadiu que “durante a presentación terá especial protagonismo a figura do anfitrión no xeodestino, clave tamén na filosofía do turismo slow,  xa que ademais dos tres representantes que intervirán por parte da Mancomunidade, persoas vinculadas ás 5 experiencias poranlles voz con pezas de vídeo de 1 minuto de duración. Encargaranse de introducir as experiencias que logo ampliarán os poñentes nas súas intervencións. Trátase dunha forma de resaltar tamén a parte hospitalaria e única na que a xente local contribúe a facer destino”.

O traballo da Mancomunidade en Fitur irá máis aló xa que “concertaranse reunións con operadores turísticos co obxectivo de presentarlles toda a variedade de recursos coma de produtos e servizos turísticos do xeodestino, coñecer os servizos que ofrecen na Mariña Lucense, ampliar a presenza do xeodestino nos seus programas e a inclusión do xeodestino entre a súa oferta, de ser o caso”.

Esta tarde celebrouse unha xuntanza en Burela para pechar todos os flocos da presenza en Fitur da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14555406570435