A Mancomunidade reivindicou o Camiño do Mar nunhas xornadas de turismo

TerraChaXa | LugoXa
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, vén de participar na Xornada Abrindo As Portas: o Rexurdir do Turismo, organizada pola deputada provincial delegada deste área na Deputación de Lugo, Pilar García Porto.
DSC_4948
13 Xuño 2020

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, vén de participar na Xornada Abrindo As Portas: o Rexurdir do Turismo, organizada pola deputada provincial delegada deste área na Deputación de Lugo, Pilar García Porto. 

Cajoto agradece “á Deputación de Lugo a organización das xornadas e a invitación ao foro. Estamos nuns momentos moi complicados na Mariña, con moitos postos de emprego que perigan –Alcoa- ou con empresas que pecharon recentemente como é o caso de Muebles Hermida en Lourenzá ou Costiñas en Alfoz. É por iso máis importante ca nunca apostar tamén polo turismo, en expansión antes da crise sanitaria, aínda que creo firmemente que a industria na comarca é un sector prioritario do que non podemos prescindir en modo algún”. 

O presidente da Mancomunidade contou que “na reunión puiden expoñer o traballo  que está a desempeñar a Mancomunidade para posicionar e dar a coñecer o noso xeodestino, grazas ao esforzo da técnico e xerente Tania Hermida. Os coloquios sempre son enriquecedores e non puiden deixar pasar a oportunidade de reivindicar, ante a proximidade do Xacobeo 2021, o Camiño do Mar”. 

Para Fran Cajoto “esta é unha vía de peregrinación, documentada, pero non recoñecida aínda, que discorre por toda a costa da Mariña e o norte da provincia da Coruña. Con lugares especiais como a Basílica de San Martiño, sería un impulso importantísimo para o turismo da comarca o seu recoñecemento, que encaixa de forma perfecta co turismo de calidade, tranquilo e desestacionalizado, que estamos intentando traballar en todos os proxectos da Mancomunidade”.

0.183758020401