"A Mariña volve a ser marxinada nos Orzamentos do Estado", din os nacionalistas

TerraChaXa | AMariñaXa
A Mariña volve a ser marxinada nos Orzamentos do Estado como se puido comprobar na votación das emendas ás contas estatais no Congreso
6 Dec 2020

"Os Orzamentos Xerais do Estado para 2021 discriminan negativamente a Galicia e á Mariña, como se puido comprobar esta semana na votación das emendas ás contas estatais no Congreso, donde o BNG levaba propostas necesarias e urxentes para a comarca, por valor de 14 millóns de euros, ademais da petición de concrección nos orzamentos dunha partida para a intervención pública de Alcoa", din os nacionalistas.

"A comarca da Mariña presenta un importante déficit en materia de infraestruturas desde hai varias décadas, un feito constatado e denunciado en moitas ocasións pola sociedade mariñá e polo BNG e que nestes orzamentos non van ser recollidas", engade o BNG.

Quen ningunea A Mariña non pode recibir o apoio do BNG

“Os sectores económicos e produtivos da comarca sufren día a día as consecuencias do abandono a que os diferentes gobernos do Estado  someteron e someten a esta comarca. E unha vez mais, agora o goberno de PSOE e Podemos, volven a marxinar A Mariña, facendo oidos xordos non só as demandadas do BNG, senón ás demandas da sociedade mariñá”, dixo Ermida.

Nestes termos expresouse a responsable comarcal do BNG mariñao, e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que tamén incidíu na necesidade urxente do inicio da A-74, pola que se leva esperando mais de dúas décadas,  que conta cun orzamento para a súa execución de mais de 240 millóns de euros, pero para a que só hai consignada a cantidade testimonial de 400.000 euros nos orzamentos do 2021, e manifestou tamén que “A Mariña non pode ser ninguneada unha vez mais nos orzamentos do Estado,  e temos destacados exemplos de ninguneo  no caso da  A-74, e mais na negativa a incluiren ningunha partida para a intervención pública de Alcoa, por eso no Bng temos claro  que quen  ningunea a esta comarca  non pode ter o noso apoio para aprobar estes orzamentos”

O Goberno Psoe-Podemos non contempla nos Orzamentos a intervención Pública de Alcoa.

Hai tan só unhas semanas que o BNG presentara no Congreso unha iniciativa para a Intervención Pública de Alcoa sendo apoiada polos partidos que ostentan o goberno do Estado, PSOE e UP e tamén polo PP, que ostenta a presidencia da Xunta. E cando chega o momento de actuar e consignar partidas nos orzamentos para a intervención Pública de Alcoa (única posibilidade para salvar este sector estratéxico e salvar miles de postos de traballo), o goberno desenténdese deste grave problema que podería supoñer un desastre industrial para A Mariña e para Galicia.

0.20723295211792