A maxia chega ao Centro Cultural e Recreativo de Vilalba este sábado

TerraChaXa
Trátase dun evento exclusivo para socios e socias do centro de todas as idades
actuacion-dani-polo-vilalba
27 Feb 2026

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba acollerá este sábado, 28 de febreiro, ás 21:30 horas un espectáculo de maxia protagonizado por Dani Polo, que promete encher o escenario de ilusión, misterio e momentos inesquecibles.

A función está pensada para sorprender e facer gozar á audiencia de todas as idades, ofrecendo unha experiencia única na que a maxia non se explica, senón que se vive.

Trátase dun evento exclusivo para socios e socias do centro, sendo unha oportunidade para disfrutar dunha noite chea de emoción e entretemento no corazón de Vilalba.

0.11601185798645