A maxia de Dani García remata este sábado a programación cultural de Friol para agosto

TerraChaXa
Friol remata esta fin de semana co programa cultural que prepararon para o mes de agosto e que se desenvolveu os sábados pola tarde.
actuacion dani garcia maxia friol
27 Ago 2021

O Concello de Friol remata esta fin de semana co programa cultural que prepararon para o mes de agosto e que se desenvolveu os sábados pola tarde.

Así, este sábado, día 28 de agosto, actuará Dani García, aínda que nun principio estaba previsto que o fixese Truque Matruque pero intermcambiaron datas.

A actuación terá lugar ás 18.30 horas na praza Andón Cebreiro de Friol e será maxia para as familias.

0.10638189315796