A Minibanda de Vilalba realiza esta fin de semana unha mini xira polas parroquias

TerraChaXa
Comezará o venres no Auditorio e seguirá por Árbol e Román
xira-parroquias-minibanda
18 Jun 2025

A Minibanda na volve ás parroquias do rural vilalbés cunha minixira que comezará no auditorio de Vilalba e os llevará a Árbol e Román.

Así, ó concerto inaugural terá lugar este venres día 20 ás 20 horas no Auditorio Municipal e seguiranlle outros dous máis o sábado 21 e o domingo 22, a celebrar nas escolas do Santo e de Román, ambos ás 12:45h do mediodía.

A Concelleira de Cultura Mónica González foi a encargada de presentalo xunto ao director desta agrupación Dani Veiga, o representante de Esmuvi Vilalba Baruk Domínguez, o vicealcalde Modesto Renda e a concelleira de Promoción da Lingua Mª Xosé Fernández.

A agrupación, que cumpre xa o seu terceiro aniversario, é un proxecto conxunto entre a Banda de Música e a Escola de Música de Vilalba, e dá a oportunidade aos seus membros de interpretar música de forma colectiva.

⚙ Configurar cookies
0.17823791503906