A Ministra de Traballo avanza que se está a traballar en expropiar Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
A Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou que "lle consta que o Goberno central e a Xunta de Galicia están a traballar na posibilidade de expropiar Alcoa".
72525927_2397935173758376_8024612678464962560_o
2 Out 2020

A Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou que "lle consta que o Goberno central e a Xunta de Galicia están a traballar na posibilidade de expropiar Alcoa".

Díaz afirmou que "claro que é posible expropiar ou nacionalizar esta empresa, que antes era pública e que agora se resiste á posibilidade de venda". "Temos unha empresa que pode substituír a Alcoa e Alcoa só ten interese en ter unha cota de mercado. Alcoa é para a provincia de Lugo o 30% do seu PIB, é a vida de multitude de familias", dixo.

Ademais, destacou que "esta empresa é a única industria que existe en España para a produción do aluminio primario, ao que cualificou como o material do século XXI".

Pola súa banda, o presidente galego Alberto Núñez Feijóo, insistiu en que a multinacional estadounidense non pode decidir o futuro do aluminio en España.

Feijóo asegurou que no caso de que Alcoa apague as cubas de electrólises irán aos tribunais. A Xunta aseverou comparte as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos.

O presidente da Xunta avogou por manter a colaboración co Goberno central e cos sindicatos, por non tomar "medidas precipitadas e por ser dialogante con Alcoa"; aínda que, instiuiu, "non podemos en ningún caso deixar que Alcoa decida o futuro do aluminio en España".

TRABALLADORES.

Os traballadores da fábrica acampados en carpas nas entradas á fábrica para impedir a entrada e saída de camións con material, pasaron unha difícil noite xa que por mor do temporal que está a acontecer na zona da Mariña tiveron que facer garda á intemperie.

A borrasca explosiva Alex activou onte ás alertas por chuvias, vento e oleaxe ademais dun intenso frío.

 

Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.56.40
LOEWE_PREMIO POESÍA_32 EDICIÓN__151
0.19000506401062