A mocidade labrega está citada o día 9 nunha xuntanza do SLG en Vilalba

TerraChaXa
Con esta iniciativa, a mocidade labrega reafirma a súa determinación por un futuro no que o medio rural siga sendo un espazo vivo
xuntanza-mocidade-galega-vilalba
7 Jan 2025

A mocidade labrega ergue a voz para reivindicar o seu dereito a vivir no rural, producir alimentos sans para a sociedade e coidar o territorio, garantindo ao mesmo tempo unha vida digna.

Por este motivo, a mocidade labrega convoca unha serie de asembleas por toda Galicia os días 8, 9, 13 e 14 de xaneiro, onde compartirán ideas, experiencias e accións para fortalecer o movemento e defender os seus dereitos. Unha destas xuntanzas terá lugar en Vilalba, será o día 9 de xaneiro no local social do SLG de Vilalba, situado na rúa do Cuartel, ás 12.00 horas.

"As persoas mozas labregas representan o futuro do noso medio rural e da cultura labrega, pero enfróntanse a múltiples dificultades que dificultan o seu labor diario. A pesar diso, contan con iniciativas e propostas que precisan ser postas en común para avanzar cara a un rural vivo e próspero", din desde o SLG.

Con esta iniciativa, a mocidade labrega reafirma a súa determinación por un futuro no que o medio rural siga sendo un espazo vivo, coas persoas labregas organizadas como a mellor garantía para ese obxectivo", subliñan. Chaman á participación activa nestas asembleas porque, como aseguran, "xuntas somos máis fortes".

0.17163896560669