A Moexmu 2020 conta xa con pregoeiro e xuíz
A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020 anunciou ao pregoeiro deste ano.
Así, o pregón estará a cargo do xornalista Antón Losada, que é habitual colaborador da Cadena Ser, e doutros medios de comunicación a nivel estatal, como El Diario, La Opinión o El Periódico de Catalunya. Tamén foi director de Radio Voz en Madrid, a mediados da década dos 90.
Doutor en Dereito pola U.S.C. é profesor titutar de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa Universidade dende 1998. Tamén ten un Máster en xestión pública pola Universidade de Barcelona.
Ten varios libros publicados, como La política del mar: políticas públicas y autonomía. El caso de la pesca gallega, Piratas de lo público, Código Mariano o Los ricos vamos ganando.
Losada colle o relevo de Manuel Cruz Rodríguez, director e presentador do programa O Agro da Galega.
XUÍZ
Por outra banda, a comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo , encamiñadas á celebración dunha nova Moexmu, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020.
O portugués Henrique Moniz será o xuíz encargado desta edición da Moexmu, segundo confirmaron dende Africor Lugo.
É a segunda vez na historia da Moexmu que o xuíz de dito concurso será portugués, e a terceira vez que non será español.
Por outra banda, continúa aberto o prazo de inscripción para a reserva de stand e parcelas a ubicar no recinto feiral Manuel Vila López.