A Moexmu arranca hoxe, cunha exposición, un programa dedicado ao agro
Muimenta volverá ser a capital do agro desde hoxe, xoves 30 de marzo e ata o domingo 2 de abril, datas nas que se celebrará unha nova edicion da Moexmu, a feira multisectorial na XXXIX edición da Mostra Exposición, o XXXVII Concurso de Gando Frisón, a XXXVII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXVII Poxa de Gando Selecto.
Un ano levan traballando dende a comisión para ofrecer de novo este ano un programa de alto nivel, que este ano adianta a súa programación un día, xa que se inicia hoxe, ás 21.30 horas coa inauguración da exposición fotográfic de Asoporcel Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, ubicada na Igrexa Vella de Muimenta.
Despois de estar durante o mes de febreiro na Casa de Galicia en Madrid, a mostra inicia agora o seu roteiro por terras galegas. A primeira parada será en Muimenta, onde estará exposta ata a Festa da Filloa do 1 de maio.
A Igrexa Vella de Muimenta é o lugar escollido para acoller esta mostra, que relata través de medio centenar de instantáneas a traxectoria do Porco Celta desde inicios do século XX e recolle, así mesmo, os principais fitos conseguidos por Asoporcel para a súa recuperación. A iniciativa busca achegar os consumidores ao labor desempeñado polos gandeiros e gandeiras de Porco Celta, así como tamén facelos coñecedores das características desta raza e das bondades das súas carnes.
A FEIRA
A feira multisectorial, que conta cunha importante presenza de gando, maquinaria agrícola e gandeira e artesanía abrirá a súas portas o venres, xornada na que haberá actividade completa dende primeira hora da mañá coa chegada e instalación de gando e dos postos ao recinto feira Manuel Vila López. Pola tarde haberá concurso de preparadores de gando iniciando as actividades pola tarde coa recepción das autoridades, animados pola música de Asubíos da Chaira.
Serán novamente máis de 25.000 metros cadrados dedicados á exposicións, dos cales 15.000 serán ocupados con maquinaria nova e usada, coches e motos. Polo tanto, novamente a Moexmu amplíase con parte da pista que rodea o recinto feiral. Ademais, estarán presentes preto de cen expositores con produtos de artesanía popular, gastronomía e utensilios gandeiros.
A inauguración oficial será ás 19.00 horas, a cargo do presidente da Deputación, José Tomé Roca, para continuar coa lectura do pregón a cargo da periodista Carmen Uz, natural da Pastoriza.
A Feira manterá unha intensa actividade nas xornadas de sábado e domingo a partir das 9.00 horas cos concursos de gando, o primeiro día, pola mañá de xatas e xovencas, e de gando frisón pola tarde xunto á poxa de gando selecto tamén en xornada matinal.
O domingo será a vez dos concursos de manexadores, para a mocidade primeiro e para os adultos despois. Clausurarase oficialmente ao mediodía pero a feira permanecerá aberta ata a noite, xa que terá lugar unha nova edición do Concurso Monográfcio da Raza Can de Palleiro (V Monográfico da Moexmu), valedeiro para o Trofeo Can de Palleiro de este ano.
CARTEIS
Este ano os carteis anunciadores da feira estiveron da man de Paula Francos Anllo. Ambos carteis forman ou representan un corazón, órgano que metafóricamente simboliza a importancia da Moexmu (corazón) para o sector (corpo), xa que sen a feira, o mundo das citas agrogandeiras non podería vivir.
Nos concursos de gando cobra especial relevancia a presenza de Pol Collel Sabaté, natural de Manlleu, que será o xuíz do Concurso de Gando.
XUÍZ
Este gandeiro catalán, ocúpase na actualidade da xestión da granxa familiar El Campgran, na que se manexan 170 vacas en ordeño, dun total dunhas 330 cabezas, cunha media de calificación morfológica de 84,50, unha media de producción por vaca e día de entre 37 e 42 libros.
A súa experiencia como xuíz de Conafe, en activo dende o 2015, xulgando certámenes de distinta categoría ao longo da xeografía de España.
Pol Collel xa estivo no concurso de gando da Moexmu na edición celebrada no ano 2016.
ACTIVIDADES PARALELAS
Ademais das actividades propiamente vinculadas co gando, haberá outras actividades que completan a programación. Así, este ano volve a exposición do Traxe Tradicional do Centro de Artesanía da Deputación Provincial. Tamén abrirán os museos da Zoca e da Escola Vella, a cargo de Xotramu, con entrada libre e gratuíta.
Haberá tamén un taller de cestería a cargo de Beatriz Valín, en xornada de mañá e tarde, en colaboración co Centrad, o sábado. O domingo será a vez de Lourdes Otero Mato, cun taller de telar.
Tamén contará cun zoqueiro de 16 anos, Alvaro Pin Campo, que leva facendo zocas durante dous anos e que se estrea na Moexmu.